Día das artes galegas

Descubrimos ao autor homenaxeado, Francisco Asorey e a súa obra “O Tesouro”.

Analizamos o que había presente na obra e indagamos máispolo miúdo.

As aulas de 4° de EP teñen os traxes tradicionais colgados nas súas portas, polo que fomos descubrir as prendas das que se compón.

A profe ademais trouxo uns zocos á aula, que na súa terra chaman chancas e ata probamos a camiñar con eles postos, e ver a sensación de usar unha sola de madeira.

Ademais tivemos a sorte de que nos visitaran Juan e Cayetana, pai e irmá de Adara, para falarnos sobre os becerros e as vacas, outro elemento fundamental na obra de Asorey.

Con tanto que aprendemos decidimos que sería o tema elixido para participar na revista Andaina deste ano.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *