Axudando a desfacer os Maios que xa estaban secos descubrimos que aquelas flores ulían moi ben, pensamos que sería unha pena desaproveitalas polo que as empregamos na aula de Polos Creativos para darlle unha segunda oportunidade.

Primeiro eliximos a cor e cortamos os rectángulos de tea. Logo co pincel debuxamos a nosa inicial con pintura téxtil sobre eles. Cando secou coa axuda da mestra observamos o funcionamento da máquina de coser para convertelos nuns saquiños.

Fomos seleccionando e picando as flores para logo introducilas no saquiño e pechalo para poder levar aos nosos fogares o cheiro do Maio.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *