No último trimestre apareceron materiais novos no patio que nos axudaron a afrontar novos retos e a explorar co noso corpo en movemento de xeito libre.

Grazas aos programas nos que participa o centro puidemos obter algún material novo para os patios. No caso de infantil foi o pack de 6 Stapelstein, unhas pezas de xogo apilables e moi resistentes que permiten múltiples opcións de xogo tal e como vedes no primeiro vídeo.

Ademais tivemos a sorte de que a familia de Antón nos emprestou unha táboa curva da que puidemos gozar durante o mes de xuño no patio.

Grazas familia!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *