Como todo canto sucede no dia a dia, existen momentos inesperados e que desvían toda a nosa atención.

Foi o que aconteceu cando pola mañá a mestra atopou un escaravello e gardouno para que o viramos.

Antes de que nolo amosara, imaxinamos que podería ser, xa que a mestra deunos como pista que era un insecto.

Foron moitos os nomes citados: mosca, mosquito, abella, vacaloura, araña, xoaniña, saltón, formiga…

Finalmente descubrimos a sorpresa e tivemos que indagar co ordenador para saber de que insecto se trataba.

Era un escaravello vermello, orixinario de Asia e que supón unha praga para as palmeiras.

Logo de observalo ben, debuxámolo e escribimos o seu nome de xeito autónomo, cada quen acorde á etapa de lectoescritura na que se atopa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *