Son moitos os momentos que nos brindan oportunidades únicas para o movemento, para poñer en relación o noso corpo co dos demais e co espazo.

En ocasións xorde de xeito espontáneo, como pode ser no patio, outras veces con pequenas provocacións como a presencia de elementos como un banco, unha mesa e unha colchoneta.

É máxico poder ver como os seus movementos se van precisando cada vez máis, e como controlan cada parte do seu corpo no espazo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *