Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e Paz construímos xunto co alumnado do centro un crebacabezas cos nosos compromisos. O noso foi: “Coidar das demais persoas cando están tristes e enfermas”.


Ademais cada unha de nós comprometeuse de xeito individual cun pequeno debuxo que gardamos dentro da nosa botella da Paz. Neses debuxos comprometémonos a compartir, pedir as cousas cando alguén as ten na man, coidar, axudar…
