A chegada do frío e do inverno está a inspirar moitas das nosas propostas artísticas.

Árbore de inverno

Botamos chorros de témpera de cores frías sobre o papel, logo colocamos un papel film enriba e a mesturar! Cando secou colocamos a nosa árbores dispoñendo no espazo as ramas que recolleramos no patio do centro. Ademais pegamos con cola branca sal coma se fose neve. Toda unha actividade sensorial que nos encantou!

Estampación con témpera

Empregando un metacrilato colocamos témpera cun rodillo e logo co dedo fixemos o noso deseño. Cando xa rematamos colocamos o papel enriba, prememos, levantamos e apareceu a maxia.

A maxia do sal

Con témpera diluída con auga pintamos sobre o papel, logo coa man esparexemos enriba o sal. Deixamos actuar e ao día seguinte descubrimos que o sal deixara a súa marca no papel e absorvera a cor da pintura. Axudándonos da man e dunha culler fomos quitando todo o sal ata quedar a nosa obra totalmente lisa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *