Como viñemos facendo no pasado curso continuamos coa realización de instalacións artísticas.

Desta volta realizamos unha instalación con temática do Nadal, onde por medio de diferentes elementos e empregando as cores vermella e verde, pretendemos que o alumnado explorase, crease, imaxinase…

Coma sempre traballamos tamén “o despois” da instalación, onde eles e elas mesmas axudan a recoller e a limpar.

Ademais o lenzo creado coa pintura serviunos para dar continuidade á proposta á volta das vacacións.

Despois de dividir este gran papel en anacos máis pequenos, cada un elixiu o que máis lle gustou e empregámolo como soporte dos debuxos dos nosos mellores recordos do Nadal que levamos para a casa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *