Na nosa segunda sesión do Club de ciencia exploramos con diferentes elementos. Por unha banda con diferentes imáns e materiais para observar se se atraían ou non.
Ademais exploramos con globos e bolígrafos sobre a electricidade estática, frotando os mesmos sobre bufandas de lá para logo probar se a “maxia” aparecía e os papeis, o azucre ou as sementes se pegaban.
Coma sempre foi unha experiencia xenial, xa que isto de xogar coa ciencia é moi interesante.












Que experiencia máis chula 👏