Esta semana puxemos os nosos sentidos a funcionar. Á nosa aula chegou algo ben raro…
Observamos unha parte pequena desta cousa misteriosa e fomos dicindo as nosas hipóteses:
- É unha cabaza.
- É unha pera.
- É un calabacín.
- É unha mandarina.
- É unha mazá.
- …
Logo observamos o froito enteiro e imaxinamos de que cor sería o seu interior.
Abrímolo e observamos. Logo probamos…
Houbo quen quixo ata repetir. E tamén houbo a quen lle gustaron máis as sementes xelatinosas ou a quen lle gustou o zume que expulsa o froito ao esmagalo.
Foi toda unha experiencia o atreverse a probar e experimentar con algo tan exótico e dun aspecto tan raro.



Que ben!!!