Para sentirnos na pel das persoas con capacidades diversas realizamos varias dinámicas na aula, co obxectivo de conmemorar o Dia Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro).

Grazas a estas propostas puidemos sentirnos na pel desas persoas por uns intres.

Realizamos 4 dinámicas:

  • Facer un crebacabezas cos ollos vendados.
  • Coller unha lentella que estaba na mesa cos ollos vendados.
  • Intentar comprender unha mensaxe oral a través dun cristal e con interferencias sonoras polo medio.
  • Beber auga da nosa botella empregando só un brazo e sen empregar ningún dos dous.

As sensacións ao remate foron varias: “Non me gusta non poder ver”, “Sentinme fatal porque non vía nada”, “Foi difícil”, “Tiña medo de tropezar”, “Non me gusta non poder escoitar”…

Para finalizar vimos dúas curtametraxes. Unha delas onde vimos como unha persoa que nacera sen brazos e sen pernas se esforzou e loitou e conseguiu chegar a facer cousas impensables.

Outra das curtametraxes achegounos a coñecer a vida dun neno que non pode ver e como son para el as cores das flores.

Foi sen dúbida unha experiencia que nos permitiu achegarnos ao mundo da diversidade funcional dun xeito vivencial.

Compartimos as nosas vivencias e sensacións nun mural para a cortiza do corredor do edificio principal.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *