Son moitos os materiais que empregamos para estimular o pensamento creativo na aula.

No caso de hoxe empregamos o xogo UN MEMO de Hervé Tullet.

Primeiro cada un de nós colocou dúas tarxetas, de xeito que quedaran unidas entre sí. Cando rematamos a composición paramos a observala.

Logo cada un de nós respondeu á pregunta: Que acabamos de crear?

As respostas coma sempre dan boa conta da diverxencia de pensamentos e imaxinación do alumnado:

  • Un robot
  • Unha casa con camiños
  • Un parque de atraccións con piscinas
  • Un labirinto
  • Un colexio
  • Unha nube
  • Un parque de atraccións con montañas rusas
  • Un camping
  • Un picnic

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *