Hoxe conmemoramos o Dia contra a violencia de xénero. En infantil por medio do conto de Arturo e Clementina reflexionamos sobre a violencia, sobre o feito de que alguén nos poña cargas e nos corte as ás dos nosos soños, ao igual que facía Arturo no conto con Clementina.

Logo nun pequeno globo debuxamos o noso soño,o que nos gustaría facer… para lembrar sempre que ninguén nos pode roubar as ilusións e os soños.

Tamén acompañamos ao alumnado de primaria na creación cos nosos propios corpos no patio da frase “Non á violencia de xénero”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *