Dentro da nosa Bibliomarquiños existe un espazo creativo, xa que a a biblioteca ademais de ser un espazo máxico de encontro cos libros é un lugar para crear, cooperar, imaxinar…

Por iso de xeito semanal comezamos a visitar este espazo no que facemos uso da Radio Marquiños, do muro lego, das pezas Lupo, do material TIC e de robótica…

Tamén hai momentos para facer un achegamento tranquilo aos contos.

Pronto descubriredes as nosas aportacións ao programa “Conto, contiño” da nosa Radio Marquiños.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *