Os primeiros froitos do outono foron chegando á nosa aula grazas á colaboración das familias.
Fixemos clasificacións en cestas do diferente material aportado para despois empregalo en diferentes momentos.
Serviunos para afondar en contidos loxico-matemáticos, para facer grafismos creativos, para ambientar o espazo de natureza e minimundos…
Ademais dalgúns froitos comezaron a saír uns amigos especiais: COCOS, uns pequenos vermes que apareceron do interior de landras e castañas. Na bandexa sensorial dedicámonos a procurar cocos e a ceibalos na xardineira do patio.





