Foi un pracer para nós abrir de novo as portas da nosa aula ás familias, para participar nun obradoiro de magosto.
Moitas grazas pola vosa axuda e participación, sen vós isto non sería posible.
Tal e como vistes o papel que pintamos entre todos/as, foi dividido en 16 anacos, 16 que forman parte dun todo, onde se recollía unha frase que será fundamental ao longo deste curso: “Para educar a un neno/a fai falla a tribo enteira”.











Grazas familias por ser tribo, axudar, acompañar e navegar con nós cada dia!
