Pareceunos moi raro comezar a falar de castañas cando aínda vestiamos manga curta, pero o tempo desconcertante non impediu que disfrutaramos da recollida de castañas no souto.
Ademais atopamos na terra algo moi raro, era duro e branco, parecía un óso … houbo quen ata pensou nun óso de dinosauro… ata que escavando moito descubrimos que era unha raíz da árbore, a través da cal podía absorver auga e sales minerais que precisa para medrar.






