Dentro do programa Voluntariado miúdo colaboramos tamén cunha Residencia de Betanzos. As persoas maiores do centro visitáronnos e puidemos entregarlles os xogos de estratexia e memoria que fixemos para elas.

Ademais tamén houbo tempo de botar unhas risas, unhas cantigas e ata algún que outro xogo.

Foi fermoso xuntar xeracións tan afastadas no tempo e ver que os sorrisos non entenden de idade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *