Recibimos a visita de persoeiros moi importantes.

Como sabedes o noso cole estivo en obras e aproveitamos para darlle nome ás nosas aulas coa colocación dunhas placas.

Tivemos a sorte de ser os encargados de amosar a Susana Seivane a súa placa na aula de música. Ademais falamos con ela, xogamos e rimos moito. Foi un pracer coñecela.

Ademais tamén viñeron ao cole outros persoeiros como Quique Peón, Elena Ferro, Iván Ferreiro… e demos conta diso nun novo programa de Radio que compartiremos con vós. Estade atentos!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *