Disfrutamos o último luns pola tarde da derradeira instalación artística deste curso. Unha instalación que tivo como fío conductor o branco e o negro.
Por medio de diferentes materiais dispostos no espazo para a súa libre exploración puideron experimentar, pintar con diferentes materiais en fondo negro e en fondo branco, realizar trasvases, crear composicións con volume de cartón, e sobretodo gozar moito.
Acompañamos a nosa instalación dunha proxección con fío musical, para que a paisaxe creada acompañara e envolvera toda a instalación.










Quero compartir ademais con vós dous vídeos desta instalación:
- O ANTES: neste vídeo pódese ver o ambiente da instalación preparado, tal e como o atopan os nenos e as nenas cando chegan, con diferentes provocacións para dar lugar a diversas situacións, experiencias e aprendizaxes. https://drive.google.com/file/d/1twhsNckxmQ884u-81KEQvK8KBSqcJNpH/view?usp=drivesdk
- O DESPOIS: no que para algúns ollos pode parecer caos, non hai máis que o resultado de experimentar, aprender, xogar, explorar e gozar cos sentidos. https://drive.google.com/file/d/1tybGYFG0hWp7YXsRD1I8B5mTLmE6plQU/view?usp=drivesdk
As instalacións que realizamos son momentos nos que a mestra prepara o ambiente e asume o único rol de observar como interactúan cada unha delas e cada un deles cos materiais dispostos no espazo. Elas e eles son os protagonistas e encargados de gozar da mesma.
É evidente que os momentos de recoller, arrombar, limpar e ordenar son importantes na nosa rutina diaria dentro da aula, pero no momento das instalacións isto desaparece e exprememos o tempo ao máximo para gozar da mesma.
Seguiremos gozando desta outra mirada, destes momentos que nos permiten desenvolver as nosas linguaxes.
Xa que como dicía Loris Malaguzzi:
El niño
está hecho de cien.
El niño tiene
cien idiomas
cien manos
cien pensamientos
cien formas de pensar
jugar y hablar
cien siempre cien
formas de escuchar
de sorprenderse, de amar
cien alegorías
para cantar y entender
cien mundos
por descubrir
cien mundos
por inventar
cien mundos
que soñar.
El niño tiene
cien lenguajes
(y además ciento, ciento y cien)
pero noventa y nueve le son robados.
Escuela y cultura
separan su cabeza de su cuerpo.
Le dicen
que hay que pensar sin manos
que hay que hacer sin cabeza
que hay que escuchar y no hablar
que hay que entender sin alegría
que amar y sorprenderse
solo en Semana Santa y Navidad.
Le dicen
que descubra el mundo que ya existe
y de cien
noventa y nueve le son robados.
Le dicen
que jugar y trabajar
realidad y fantasía
ciencia e imaginación
cielo y tierra
razón y sueño
son cosas
que no están unidas.
En resumen, le dicen
que el cien no está allí.
El niño dice:
y sin embargo, el cien está ahí.

Preguntábame en que actividade Adara empregaría tanta pintura negra, que ata o seu mandilón se convertira en lenzo…agora comprendo😅
Graciñas por este tipo de experiencias que lles permiten gozar, sen mais guía que o seu ser. A súa cariña di canto está a disfrutar.