Hai uns días tivemos unha visita sorpresa. Ainara, Diego e Cristian de 6° B visitáronnos cuns bichiños moi curiosos.
Eran cágados, os fillos das rás!




A través dunha presentación explicáronnos como era o seu ciclo de vida, a súa alimentación, e por último puidemos velos de preto.



Moitas grazas por compartir con nós esta experiencia!
Ao día seguinte aproveitamos para contar un conto que nos gustou moito…

Deixámosvos tamén un vídeo moi interesante sobre a metamorfose que experimenta a rá dende a eclosión do ovo.