A primavera chegou nunha cestiña á nosa aula. Unha cestiña chea de flores silvestres coas que experimentamos.

Despois de observalas, tocalas, ulilas… comezamos coas nosas composicións sobre tea.

Logo empregamos uns martelos para intentar reproducir a técnica Hapa Zome. É unha técnica xaponesa que consiste en golpear as flores e follas sobre a tea para que os seus pigmentos naturais queden sobre o texido.

Pois con martelo en man puxémonos mans á obra… tivemos que humedecer as teas para que nos resultara máis sinxelo, o que provocou que os pigmentos non fosen tan intensos e cobraran tons máis marróns ao secar. Para nós foi toda unha experiencia cos sentidos, polo que o proceso neste caso supera ao resultado e ten moito máis valor para a aprendizaxe.

Pronto vos ensinaremos o que creamos con estas teas…

Aproveitando a presenza das flores na aula fixemos un pequeno obradoiro de arxila, no que fixemos uns colares coa flor elixida e outras creacións libres coas flores.

Unirse á conversa

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *