Esta semana estivo chea de sorpresas. Dende o comezo soubemos que o venres sería o dìa grande da festa no que comeriamos churrasco e viría un grupo de música tradicional a tocar.
Isto marcou o ritmo da semana e tamén os nosos xogos. De xeito espontáneo no patio apareceu o xogo de facer churrasco. O que podería parecer un esquema de xogo de traslado ou contención de pezas, tiña un significado simbólico.
Primeiro preparaban o lume, logo cortaban a carne e por último cociñaban.

Durante a semana coñecemos algúns instrumentos musicais tradicionais, e o traxe tradicional galego. Ademais participamos na gravación dun vídeo do centro e coñecemos un pouco da figura de Florencio Delgado Gurriarán.
E chegou o dia da festa e bailamos, cantamos e comemos o ansiado churrasco.






Feliz Dia das Letras Galegas!