Neste segundo trimestre achegámonos aos oficios medievais. Por medio de diferentes experiencias e actividades fomos coñecendo algúns oficios.
Amosamos debuxos de representacións destes oficios en contraste con fotografías actuais de persoas desenvolvendo os mesmos.
PANADEIRAS E PANADEIROS
Coñecemos os elementos precisos para facer o pan, ulimos e probamos cada un deles. Logo puxémonos mans na masa…




OLEIRAS E OLEIROS
Por medio dun vídeo coñecemos o oficio dos oleiros, logo con arxila branca fixemos as nosas creacións que posteriormente pintamos.


FERREIRAS E FERREIROS
Este foi o oficio no que nos centramos chegado o tempo de Entroido. Soubemos que facían as ferraduras para os cabalos na forxa, empregando martelo, tenazas e zafra.
Creamos o noso disfraz de ferreiras e ferreiros empregando diferentes materiais por medio de técnicas variadas.


CANTEIRAS E CANTEIROS
A nosa mestra visitou un castelo e ensinounos fotografías e vídeos das marcas que os canteiros colocaban nas pedras. Logo co profe Yago, como xa vos contamos experimentamos o oficio e creamos a nosa firma conxunta.





LABREGAS E LABREGOS
Por medio deste oficio e coa axuda dos amigos de Labrecos descubrimos o pracer de ver medrar e coidar.





XOGRARESAS E XOGRARES
Coa chegada do mes da poesía coñecemos aos xograres e xograresas, e creamos a nosa propia versión da cantiga Ondas do mar de Vigo.
COMERCIANTES
Para rematar descubrimos como era o comercio, moi diferente do que temos hoxe en día, e simulamos situacións de compra e venta con sacos e moedas.


