E durante este trimestre a nosa mesa de experiencias seguiu aportando novas sensacións, á vez que desenvolvemos habilidades manuais.

Neste espazo podemos xogar e experimentar de xeito libre. Unha das actividades que xorden máis frecuentemente son os trasvases.

E que son os trasvases e que nos aportan?

Os trasvases consisten en pasar dun recipiente a outro diferentes sustancias ou elementos (nestes últimos días garanvanzos, terra, pan raiado…)

Estes movementos poñen as “mans en forma” e grazas a eles:

  • Melloramos a coordinación óculo-manual.
  • Desenvolvemos a nosa autonomía.
  • Preparamos a musculatura da man para o agarre do útil de escritura.
  • Aumentamos a nosa capacidade de concentración.

E ao rematar de xogar continúa a actividade, xa que nos encargamos de limpar e recoller o que caeu ao chan. Deste xeito traballamos polo coidado da nosa aula e somos responsables de manter os espazos limpos e ordenados.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *