Hai uns días recibimos algo ben pequeniño de parte do equipo de TICs do cole. Pensamos que sería: un coche pequeno, un robot, un robot con rodas, unha moeda…
Hoxe por fin descubrimos ao Ozobit, un robot que segue liñas.
En canto descubrimos isto puxémonos a comprobar as súas capacidades, polo que fixemos diferentes circuítos para que seguira e ata probamos se era quen de seguir o trazo dalgunha das nosas letras.









Logo empregamos unha das aplicacións que existen para o Ozobot, na cal ademais de realizar camiños puidemos incluír comandos diferentes (rápido, lento, turbo e tornado), de xeito que ao pasar enriba deles cambiaba a velocidade ou xeito de moverse.



Agora tocounos despedirnos del e pasarllo ás nenas e nenos da aula amarela, aínda que con moita pena. Pero moi pronto teremos oportunidade de seguir xogando e aprendendo con el.
