Dende que o grupo superou o periodo de adaptación e se consolidou no espazo comezamos con esta dinámica dos venres pola tarde.
Os venres xogóns temos a sorte de ter á profe Eva tamén con nós na aula, polo que divididos en dous grupos realizamos xogos de mesa.
Estes xogos ademais de ser un xeito moi divertido de poñerlle fin á semana permítennos desenvolver outras habilidades e actitudes:
- Respecto das quendas durante o xogo.
- Desenvolvemento da lóxica, de nocións espaciais e numéricas.
- Mellora das relacións do grupo por medio de xogos que favorecen a cooperación.
- Potenciación da imaxinación e da creatividade.
Polo de agora xa foron moitos os xogos que pasaron polas nosas mans e queremos deixarvos unha pequena mostra diso e do que o gozamos.






