Comezamos esta proposta servíndonos da Filosofía para nenas e nenos, polo que comezamos falando sobre que era ARTE. Para algúns eles e elas mesmos son artistas cando debuxan, tamén os pintores e pintoras…

Logo disto comezamos a ver a Galería virtual de obras de Laxeiro e pensamos que podería ser o que Laxeiro quixo debuxar en cada obra.

https://flic.kr/ps/2oYduq

Podedes xogar na casa a imaxinar figuras e formas, e pensar no que puido querer pintar Laxeiro en cada obra. Aquí deixamos algunhas das nosas aportacións:

Logo de coñecer a súa obra imaxinamos como sería Laxeiro: baixo ou alto? Fraco ou gordo? Tería ollos? Tería bigote? Barba? Gafas?

Despois de imaxinar e pensar descubrimos a súa imaxe e comezamos a crear coa súa obra.

Xosé Otero Abeledo (Laxeiro)

De xeito cooperativo por medio da técnica do folio xiratorio creamos a nosa propia obra inspirados en Laxeiro. Cada grupo contribuiu coa súa peza á obra conxunta da nosa aula (4 pezas). Esta obra compartímola cos demais no mural do corredor. Primeiro trazamos as liñas negras e logo demos cor coa acuarela.

E así quedou a nosa obra conxunta inspirada en Laxeiro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *