Para a entrada da primavera comezamos a darlle forma ao noso recuncho de arte estacional. As folerpas de neve desapareceron e comezamos a crear.

Pensamos en crear a obra Flores de Andy Warhol e puxémonos mans á obra. Comezamos pintando con lá o fondo da nosa obra de arte.

Logo picamos as flores das cores que eliximos para finalmente pegalas.

Coa teacher Raquel e con Roopa, a auxiliar de conversa do cole, tamén lle demos a benvida á primavera. Coloreamos uns mandalas enormes en equipo.

Estivemos ademais pintando uns rolos de papel para convertilos logo en fermosas flores.

Agora xa podemos dicir ben alto: BENVIDA PRIMAVERA!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *