En moitas ocasións son os acontecementos ou aquilo máis cotián o que chama a nosa atención e se converte no centro do noso mundo por uns intres.

Estes momentos tan singnificativos, nos que o asombro é a guía das aprendizaxes deixamos fluír as nosas mentes e os nosos sentidos. As irmás Abilleira (mestras de educación infantil), no seu último libro fan un eloxio do cotián e recollen estes momentos de tanta importancia dentro dunha aula e compáranos co latexo dun corazón.

E por iso queremos deixarvos unha mostra dese latexos diarios do corazón da nosa aula.

Perruquería no patio

Un camión no patio

O garavanzo perdido

Limpacristais

No patio xorden de xeito espontáneo xogos marabillosos como o de limpar os cristais. E se o facemos un dia de verdade?

Poderiamos encher de latexos coma estes o noso blog, pero isto só é unha pequena mostra, para que coñezades o que realmente nos fai vibrar no máis adentro, o que nos emociona ou nos fai ilusionarnos.

Cada momento destes por moi insignificante e cativo que pareza, está cargado de emoción. E todo o que emociona e nos move xera en nós aprendizaxes fortes.

Unirse á conversa

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *