Da man dos nenos e nenas da aula amarela descubrimos aos trobadores e xograres.

Logo adentrámonos polo miúdo na lírica medieval por medio da cantiga de amigo “Ondas do mar de Vigo”.
Inspirados na mesma e levando a lingua a unha forma máis achegada á actual fixemos a nosa versión desta cantiga para expoñer no mural do corredor.
Ademais gravamos a mesma para participar no mural interactivo que se creará con todas as cantigas elaboradas polo alumnado do centro.