Para conmemorar o 8-M dende o Plan proxecta “Donas de sí” chegou esta fermosa proposta.
Coñecemos a figura de Kathrine Switzer, a primeira muller en correr unha maratón e en abrir camiño para que se permitira a participación das mulleres nestas probas.

(Fonte: Boston Herald)
Nós dedícamoslle cos nosos dorsais esta carreira ás mulleres máis importantes da nosa vida: mamás, avoas, irmás, curmás, mestras…
Recibimos tamén como agasallo un lazo morado que colocamos na nosa man.



Atravesamos correndo a liña de meta e fixemos unha fotografía de equipo.