Hoxe na nosa aula apareceu unha caixa de madeira que suscitou o noso interese. Que era aquilo?

Houbo hipóteses moi variadas ao respecto:

  • É unha caixa de mosquitos.
  • É unha caixa da abellas.
  • É unha caixa para unha pantera, unha pantera pequena.
  • É unha caixa para gardar cousas.
  • É unha caixa para paxariños.

Cando andabamos inmersos no debate abriuse a porta da aula, e apareceu Sofía (mestra de AL) cunha nova sorpresa na man. Aquilo que nos traía aparecera no chan do noso patio.

Moi pronto soubemos que se trataba dun niño de paxariños, e pensamos que o vento puidera telo tirado.

Entre unha idea e a outra rematamos buscando un lugar para colgar a casiña dos paxariños no patio. Pensamos tamén como facer para que lles fose apetecible o novo fogar.

Houbo quen dixo que podiamos botarlle dentro comida do comedor ou comida das nosas merendas. Dentro destas ideas apareceu a de Sara, que dixo que os paxariños comían alpiste.

Por iso puxémonos mans á obra para conseguir que Sara puidera traer un pouco, e para iso elaboramos unha nota que asinamos todos/as co noso dedo e a cor que eliximos.

Agora toca agardar, preparar todo, colgar a nosa casiña no patio e observar se os paxariños a empregan ou non.

Manterémosvos informados/as!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *