Durante a xornada de hoxe recibimos a visita de Labrecos, unha empresa familiar que produce diferentes verduras, legumes e froitas da súa horta ecolóxica.

Para a ocasión trouxeron sementes de tirabeques, que plantamos no noso vasiño de iogur que trouxeramos da casa.

Agora tócanos regalos dúas veces á semana ata que xermolen, logo levarémolos para as nosas casas para poder plantalos nun terreo máis axeitado para o seu crecemento.

E unha vez feito o semilleiro pensamos en como identificar os nosos vasiños. Apareceron 3 ideas das que logo cada quen elixiu a que máis lle gustou:

  • Identificalos cunha foto da nosa cara.
  • Identificalos co noso nome.
  • Identificalos cunha foto do animal que máis nos guste.

E así foi como fixemos, e así quedou o noso semilleiro. Irémosvos mostrando as medras dos nosos tirabeques.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *