Á volta da fin de semana observamos que a nosa planta estaba diferente, as súas follas e flores “estaban para abaixo”.
Isto levounos a facer unha reflexión e a plantexar hipóteses sobre o que acontecera:
“Está triste”
“Uns bichos comeron as súas follas”
“Ten moita auga”
“Non ten auga”
Finalmente a hipótese de que lle faltaba auga foi a que decidimos comprobar ao momento, polo que lle botamos auga e ao longo do día observamos que as súas follas e flores se iban poñendo “para arriba”.
Entre todas e todos pensamos que sería boa idea plantala na xardineira do patio e puxémonos mans á obra.
Agora acompañada doutras dúas plantiñas alegra os nosos momentos no patio.




E despois duns días de coidados van lucindo así.


