E durante estes meses de inverno que xa case remata algunhas das nosas propostas e provocacións tiveron moito que ver con elementos propios desta época do ano.
Creamos bonecos de neve: debuxamos e picamos as dúas bólas que precisabamos pra facer o corpo, debuxamos os ollos e o sombreiro, pegamos o nariz e os botóns do xeito que máis nos gustou. Fomos ademais ao patio grande para buscar pólas pequenas que caeran das árbores para poder poñerlle a modo de brazos.


Experimentamos coa textura e suavidade da escuma de afeitar mesturada con témpera azul, para crear as nosas paisaxes invernais.









Coas nosas creacións xunto cunhas folerpas de neve que pintamos empregando o pincel demos un novo aire ao corredor.

Ademais puxemos as nosas mans en forma colocando macarróns sobre o trazo dunha folerpa, isto axúdanos a ir mellorando o control óculo-manual e a precisión nos movementos da man.



Xa para rematar con esta secuencia invernal, fixemos unha folerpa de neve estampando sobre o trazo con cortizas e témpera branca. Con estas creacións e os bonecos de neve creamos un mosaico invernal para a nosa cortiza da aula.

Para rematar deixámosvos un musicograma do inverno co que disfrutamos durante algúns días.