Durante o mes de outubro a nosa mestra tivo a oportunidade de viaxar a Reggio Emilia para coñecer máis polo miúdo a pedagoxía das súas escolas e os elementos primordiais dentro das aulas desta rexión.
Isto permitiu que durante o que levamos de curso disfrutaramos xa de dúas instalacións artísticas na aula, grazas tamén á mestra de práticas Jéssica, que se adentrou neste mundo das provocacións e instalacións con nós.
INSTALACIÓN DE OUTONO
Con algúns dos elementos recollidos polo alumnado durante a Saída ao Souto fixemos esta instalación que lles permitiu explorar e experimentar cos sentidos.







INSTALACIÓN DE LUZ NEGRA
Descubrimos a maxia da luz negra e a fluorescencia mentres exploramos, xogamos, rimos…
A escuridade sempre ten o seu aquel, pero se vén acompañada de maxia, cor e descubrimentos… moito mellor!











