Celebramos o Día internacional da muller na aula verde

Ao longo da semana coñecemenos a Christine de Pizan, unha muller medieval moi importante. Coñecemos que foi escritora, filósofa e poeta. Isto permitiunos reflexionar sobre os dereitos das mulleres ao longo da historia.

Velaquí a nosa participación para o “Paseo da muller”:

O 8 de marzo recibimos unha visita especial, dúas enfermeiras que nos contaron como era a súa profesión e ata empregamos moitos dos utensilios e elementos precisos para o desempeño deste traballo.

O día deu para moito, polo que rematamos elaborando o noso colar reivindicativo, aprobeitando para poñer as nosas mans en forma.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *