Sementa de pensamentos

Neste 2022 celebramos o 23 de febreiro o Día de Rosalía. Seguindo a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua galega (EDLG) do centro, inspirada na iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixemos unha #SementaDePensamentos no noso cole.

Despois de coñecer a figura de Rosalía de Castro e algúns dos seus poemas coloreamos uns pensamentos para colocar no mural de Rosalía. Para os mesmos eliximos dous fragmentos de poemas de Rosalía:

Ai que meniña! Que nena preciosa! Despois de lavada parece unha rosa!

Vente rapaza! Vente meniña! Vente lavar, o pilón da fontiña!

Pero isto non rematou así, porque unha desas flores tan admiradas por Rosalía agardaba o día 23 a nosa chegada á aula. Puxémonos moi contentos con semellante agasallo, e ademais os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca agasalláronnos cun marcapáxinas de Rosalía.

Deixamos por aquí tamén a canción de Rosalía, unha das nosas favoritas para relaxar o corpo á volta do patio:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *